Cómo Chegar
Inicio /
a 1 quilómetro da zona urbana do municipio de Cerceda, na comarca de Ordes.
EN AUTOMÓBIL
A principal vía de acceso a Cerceda é a autoestrada AC-400 que vai de Sigrás a Muros.
Para chegar dende A Coruña, o mellor é facelo a través da Autovía do Noroeste A-6 ou a través da Terceira Ronda AC-14 para despois sair en dirección Ledoño (Culleredo) e tomar a carretera AC-523 para acceder a AC-400 dirección Cerceda. Cando xa nos atopemos en Cerceda- centro pobo- chegaremos ao cruce do colexio O Cruce, ao pasar a gasolinera, e xiramos a esquerda en dirección Ordes, e logo de duas rotondas xa veremos o parque acuático.
Para chegar dende Santiago, a mellor opción é a autopista do Atlántico AP-9 en dirección A Coruña, ata chegar a saída de Ordes e logo a rotonda (concesionario Citroên) dirección Cerceda AC-524
EN TREN
A CORUÑA -CERCEDA-MEIRAMA
10:00; 10:15
13:15 13:30
15:45 16:00
CERCEDA-MEIRAMA- A CORUÑA
17:07 17:21
22:29 22:43
SANTIAGO-CERCEDA-MEIRAMA
11:22 11:43
14:02 14:27
16:44 14:06
CERCEDA-MEIRAMA-SANTIAGO
19:24 19:48
21:20 22:00
Sempre é mellor verificar os horarios de tren, pode facelo a través da páxina web de RENFE ou chamando o 902240202
AUTOBÚS ( Servizo operativo durante o mes de Xullo e Agosto)
Liña de trasporte desde A Coruña até o Aquapark.
Para os xóvenes coa tarxeta “Xente Nova” a viaxe será gratuita. As persoas usuarias que non teñan a tarxeta, deben aboar o custo establecido pola empresa que fai a liña, coa tarxeta de trasporte metropolitano o custo é inferior.
O bus sairá da Coruña- Entrexardins pasará por diferentes paradas até o Aquapark de Cerceda, ás 11:30 e chega ás 12:30, e logo sairá de volta do Aquapark ás 20 horas e chegará A Coruña- Entrexardíns ás 21 horas.
Toda a información da liña, paradas, horarios, prezos e a tarxeta “Xente Nova” está neste enlace
Horario e paradas da liña: